top of page

O que nos distingue

 

Outra das áreas nas que posuímos ampla experiencia é en asesoramento e apoio a profesionais e estudantes que deben realizar presentacións. Calquera que sexa a área de especialización (desde polímeros a enerxía eólica, pasando pola educación) traballamos de xeito conxunto cos nosos clientes para asegurarnos de que están listos para afrontar o reto.  Realizar traducións e revisión de textos ao longo de doce anos dános o coñecemento e experiencia que necesitamos para realizar estas tarefas.

 

Traballos pouco usuais? : 

Nós podemos.

 

Ao mesmo tempo, axudamos a moita xente na comunidade traducindo ou simplemente explicándolles o contido de documentos relacionados coas súas pensións no estranxeiro, documentos especiais para levar a cabo adopcións, etc. Consideramos que é unha excelente oportunidade para devolver á comunidade que nos apoia a nosa gratitude por iso.

"One-offs": únicos na nosa especie

Durante anos axudamos á xente co seu currículo, cartas de presentación e entrevistas de traballo. É aquí onde realmente pódese apreciar o amplo alcance e a longa traxectoria da nosa Directora, apoiada polo esforzo de grupo do seu equipo. Ana estivo traballando envorcada na educación, e fíxoo vocacionalmente, dando consello e asesorando profesionalmente a moitos outros formadores desde os anos 80.

Esta experiencia e bagaxe, fanse evidentes no seu traballo. Os nosos clientes manifestan asistir ás entrevistas non só cunha maior confianza e dominio do inglés, senón tamén preparar os contidos da entrevista en profundidade e sólidamente, o que foi a base e piar da súa confianza.

bottom of page