Se queres mellorar o teu nivel oral e necesitas flexibilidade polo teu horario ou circunstancias, infórmache sobre os nosos  talleres de conversación:

Qué son talleres?

Son clases amenas de conversaciíon que che motivan a vencer a timidez e gañar fluidez. O enfoque é oral , pero as clases son moito máis que unha simple conversación.

Polas tardes e polas mañás (de luns a venres e os sábados) en YouFirst temos talleres de inglés para adultos. Se trabalallas por quendas, tampouco hai problema, pordes altaernar mañás e tardes.

Levas desde o instituto ou carreira sen practicar o inglés e séntesche incapaz de activar todo o contido que metíches no "disco duro" para poder defenderche?

Xa utilizas o ingés no traballo ou na túa vida cotiá, ou levas tempo na EOI/outro programa.

Queres manter a fluidez e aumentar a precisión?

Como funciona o sistema de bonos?

Coas tarxetas de teléfono compras certa cantidade de horas de uso. 

É igual en You First. un adulto compra unha cantidade de horas de clase cada cuadrimestre. Se falta un día, non perde nada: pode recuperalo noutro momento.

 
 

Pretendemos abarcar os gustos, as necesidades e o estilo de aprendizaxe de cada alumno. 

Non facemos o típico exame de nivel; deixamos aos alumnos buscar a clase onde estea máis ao gusto. Pódese probar sen compromiso ata que atope o seu sitio. Algúns queren un desafío e buscan un nivel máis alto; outros queren ir máis suavemente para aumentar a confianza.

Se tocan temas de conversación interesantes ou metodoloxías máis ao seu gusto, sería máis probable que o alumno mostre un maior interese na clase. Moitas veces o alumnso descoñece o gran abanico de posibilidades que hai para aprender un idioma; o noso obxectivo é informarlle para que saque o seu maior partido.

Elaboramos un programa de auto-estudo. Ademais, poñemos talleres de gramática e preparación de exames.

Ollo! A constancia é a clave da aprendizaxe de calquera materia. Ademais, se a profesora pode anticipar a presenza do alumno, será mais capaz de abarcar as súas necesidades. Para que funcione este sistema flexible, hai que seguir certas condicións, especialmente no que implica ao auto-estudo ou flexibilidade do horario.

Doutra banda, un alumno que parte de cero para embarcarse nun programa de principiantes - o caso daqueles que estudaron francés no colexio - terán que contar cun sistema máis estruturado e por iso pagan mensualmente. Se faltan, poden recuperar con outro día.

 

Se queres retomar todo casi desde o principio, considera as clases de Beginners:

Nunca estudaches inglés, tal vez porque es da xeración de francés, s´il vous plait.  Queres empezar suavemente. Non teñas medo: imos sorprenderche.

Podemos ofrecer clases básicas se hai unha demanda suficiente. Ou se pode suplementar o que fas noutro lugar, como na EOI.

 

Se queres algo especial para preparar un exame, unha entrevista ou unha viaxe, pide:

clases particulares:

“One-offs”: únicos na nosa especie

 

Durante anos axudamos á xente co seu currículo, cartas de presentación e entrevistas de traballo. É aqui onde realmente pódese apreciar o amplo alcance e a longa traxectoria da nosa Directora, apoiada polo esforzo de grupo do seu equipo.

Ana estivo traballando envorcada na educación, e fixoo vocacionalmente, dando consello e asesorando profesionalmente a moitos outros formadores desde os anos 80.

Esta experiencia e bagaxe, fanse evidentes no seu traballo. Os nosos clientes manifestan asistir ás entrevistas non só cunha maior confianza e dominio do inglés, senón tamén preparar os contidos da entrevista en profundidade e sólidamente, o que foi a base e pilar da súa confianza.

O que nos distingue

 

Outra das áreas nas que posuímos ampla experiecia é en  asesoramento e apoio a profesionales e estudiantes que deben realizar presentaciones. Calquera que sexa a área de especialización (desde polímeros a enerxía eolica, pasando pola educación) traballamos de xeito conxunto cos nosos clientes para asegurarnos de que están listos para afrontar o reto. Realizar traducións e revisión de textos ao longo de doce anos dános o coñecemento e experiencia que necesitamos para realizar estas tarefas.

 

Traballos poco usuais? :

nós podemos.

 

Ao mesm otempo, axudamos a moita xente na comunidade traducindo ou simplemente explicándolles o contido de cdocumentos relacionados coas súas pensións no estranxeiro, documentos especiais para levar a cabo adopcións, etc. Consideramos que é una excelente oportunidade para devolver á comunidade que nos apoia a nosa gratitude por iso.

Se es profesora e necesitas axuda coas túas clases de sección bilingüe ou vas presentarche para o B2, mira a nosa oferta para profesores:

Isto é para os mestres que están a preparar os seus exames estatais ou que queren mellorar tanto o seu nivel de expresión oral e tratar as cuestións de clase, como a planificación de clases e ocúpanse de clases de nivel mixto. Coa nosa experiencia a formación do profesorado, tamén traballamos con moios profesores que se coupan doutros temas nos programas bilingües, particularmente Arte, Ciencia e Música. Hai unha biblioteca ben variada con materiais especializados e temos ampla experiencia - tano como mestres e axudantes - na aula bilingüe.

 

Se queres PET (B1) ou First Certificate (B2), hai clases

de exames:

Exames externos

 

Dado que non estamos atados a ningunha entidade en concreto, preparamos tanto os exames de Cambridge (PET, FCE-First e Advanced) como os exames orais de Trinity. Traballamos como un equipo para dar aos nosos estudantes un reto, cubrindo os diferentes aspectos do currículo de formas moir variadas para asegurarnos de que todo o mundo está ben informado e preparado. Así mesmo, axudamos a outros estudantes para prepararse para a Escola Oficial de Idiomas e outros exames por exemplo o IELTS, aínda que nunca nos comprometemos a axudar a ninguén coa preparacion do seu exame se non estamos seguros de nós mesmos. E o equipo sempre vai un paso máis aló para axudar aos nosos clientes; os nosos resultados confirman isto.