Exames externos

Dado que non estamos atados a ningunha entidade en concreto, preparamos tanto os exames de Cambridge (PET, FCE-First e Advanced) como os exames orais de Trinity. Traballamos como un equipo para dar aos nosos estudantes un reto, cubrindo os diferentes aspectos do currículo de formas moi variadas para asegurarnos de que todo o mundo está ben informado e preparado.

Así mesmo, axudamos a outros estudantes para prepararse para a Escola Oficial de Idiomas e outros exames por exemplo o IELTS, aínda que nunca nos comprometemos a axudar a ninguén coa preparación do seu exame se non estamos seguros de nós mesmos. E o equipo sempre vai un paso máis aló para axudar aos nosos clientes; os nosos resultados confirman isto.