Vivimos o ensino

Non se ven nin stock photos nin 

clipart aquí.

A nosa páxina é tan orixinal coma nós. Dende a súa fundación en 2006 o noso obxectivo foi encontrar un equilibrio entre os elementos clásicos que seguen funcionando e a innovación verdadeira. E a escola pode ser bastante nova, pero detrás do equipo hai varias décadas de experiencia.

Somos o produto dun equipo que funciona ben, a suma de toda a nosa formación e dedicación, un ámbito agradable e uns bancos incomparables de materiais. Son todos os compoñentes para poder abranguer as necesidades do alumnado mellor. O punto de partida segue sendo o alumno. Por iso chámase You First.

Encontrar a mellor academia para ti ou para a túa familia implica ter en conta moitos factores. Pretendemos que os nosos clientes estean ben informados de como somos e como funcionamos. Así mesmo, establecemos unha relación profesional e amigable con outras academias de calidade en Ferrolterra polo cal, se consideramos que o que ti tes en mente se adapta mellor a eles, non dubidaremos en recomendarchos.