"Nobody's perfect- but a good team comes close." 

Making Waves, M. Davies e T. Catling

Que podes esperar de nos cando chegues por primeira vez a You First?

 

A primeira persoa que coñecerás será Marianella, na area de recepción. Ela leva connosco dende o principio en You First . Conta cunha larga traxectoria profesional en  varios despachos e negocios. É a responsable de informar e atender aos nosos estudantes e clientes con esmero y graza. 

Entretanto, nomes como Renata, Paul, Belén, Puri, Pilar, Marta, Mary Joe, Juana, Zeltia, Lauren, Alex, Will,  e Yolanda de francés seranlles aos nosos estudantes  e/ou ás súas familias rapidamente coñecidos.

 

Todos eles son o gran capital da empresa, sendo a sua creatividade, esforzo y dedicación  as que fan posible que xiren as rodas de  You First.

 

Somos nativos,  non-nativos e fillos plurilingües de emigrantes, cada un coa sua especialidade e papel para poder abarcar mellor as necesidades do proxecto.

Non estamos aquí de paso, asentamonos en Ferrolterra e  aportamos unha gran estabilidade ao centro You First.

 

Podemos asegurar que aínda seguimos gozando e emocionándonos co noso traballo, será isto a clave do éxito?

Orgullosa de levar a semellante equipo, Ana, a nosa directora de You First, mantense na aula e ademais asigna a cada profesional ao traballo que mellor se adapte ás súas capacidades.

Ela conta con máis de 30 anos de experiencia como profesora e formadora (link ó seu curriculum) pero o máis importante é que sente unha verdadeira paixón polo ensino. Este entusiasmo queda plasmado na elaboración e desenvolvemento dos programas, o que transmite ao equipo para, entre todos, lograr que o proxecto sexa un éxito.