Materiais

Dende o principio, o noso investimento en materiais é inxente e constante: unha ampla biblioteca, bancos de actividades

e recursos multimedia. Contamos con coleccións completas de libros de texto para que os alumnos teñan todo á súa disposición, aínda que traballamos ao mesmo tempo con outros recursos para ofrecer unha gran variedade. Non obstante, todos estes medios materiais non poderían facer efecto sen un equipo preparado que sabe aproveitar na súa totalidade este abano de posibilidades.

Instalacións

O local foi a estrear e elixiuse dende o principio para academia de idiomas. Puxemos especial coidado no deseño, elaborado polo arquitecto Felipe López. Así, nas nosas instalacións dispoñemos dun amplo espazo con luz natural e unha decoración acolledora e agradable.

 

Os nenos máis pequenos contan cunha zona acondicionada para xogar, participar en sesións dinámicas de cuentacuentos e para elaborar e escenificar obras de teatro.