“One-offs”: únicos na nosa especie

O que nos distingue

¿Traballos pouco usuais? :

nós podemos.

Exames externos

Durante anos axudamos a xente co seu currículo, cartas de presentación e entrevistas de traballo. É aquí onde realmente se pode apreciar o amplo alcance e a longa traxectoria da nosa Directora, apoiada polo esforzo de grupo do seu equipo. Ana estivo a traballar volcada na educación e fíxoo vocacionalmente, dando consello e asesorando profesionalmente moitos outros formadores dende os anos 80.  Esta experiencia e bagaxe, fanse evidentes no seu traballo. Os nosos clientes manifestan asistir ás entrevistas non só cunha maior confianza e dominio do inglés, senón tamén ter preparado os contidos da entrevista en profundidade e solidamente, o que foi a base e piar da súa confianza.

Outra das áreas nas que posuímos ampla experiencia é no asesoramento e apoio a profesionais e estudantes que deben realizar presentacións. Calquera que sexa a área de especialización (dende polímeros a enerxía eólica, pasando pola educación ) traballamos cóbado con cóbado cos nosos clientes para asegurarnos de que están listos para afrontar o reto. Ter realizado traducións e revisión de textos ao longo de doce anos aportounos o coñecemento e experiencia que necesitamos para realizar estas tarefas.

Ao mesmo tempo, axudamos a moita xente na comunidade traducindo ou simplemente explicándolles o contido de documentos relacionados coas súas pensións no estranxeiro, documentos especiais para levar a cabo adopcións, etc. Consideramos que é unha excelente oportunidade para devolver

á comunidade que nos apoia a nosa gratitude por iso.

Dado que non estamos atados a ningunha entidade en concreto, preparamos tanto os exames de Cambridge (PET, FCE-First e Advanced) coma os exames orais de Trinity. Traballamos como un equipo para dar aos nosos estudantes un reto, cubrindo os diferentes aspectos do currículo de formas moi variadas para asegurarnos de que todo o mundo está ben informado e preparado. Así mesmo, axudamos a outros estudantes a prepararse para a Escola Oficial de Idiomas e outros exames como por exemplo o IELTS, aínda que nunca nos comprometemos a axudar a ninguén coa preparación do seu exame se non estamos seguros de nós mesmos. E o equipo sempre vai un paso máis alá para axudar aos nosos clientes; os nosos resultados confirman isto.