Empresas e You First 

Pensadores contemporaneos como 

Gadner din que "We all have to think out of the box". Non esperes de nós un libro de texto convencional, ou un aburrido programa informático que sirva para todo o mundo. Faremos o que sexa posible para facer que as túas clases sexan eficientes e efectivas e marquen a diferenza. Ti e as necesidades da túa compañía son a base do noso programa para ti.

Mais alá das clases

Por este motivo, co adestramento lingüístico que che proporcionamos e a nosa ampla experiencia, podemos darche un apoio que vai máis aló das aulas. Que significa isto? Estamos aquí para revisar e mesmo facer borradores de textos e correspondencia, axudarche a construír o vocabulario específico que necesitas na túa especialidade e traballar a longo prazo para axudarche nas túas presentacións e conferencias.

Especialización & Marketing

O mundo da moda, a construción

naval, a enxeñaría, a estética, o transporte e o sector alimentario entre outros: son só algunhas das áreas nas que traballamos. Somos un equipo grande e especializado con experiencia específica en multitude

de campos.

 

Non se trata simplemente de coñecer unha lingua ou varias. Podemos informarte acerca doutras culturas de modo que poidas promover os teus produtos en mercados internacionais.

É por iso que axudamos mesmo a compañías a desenvolver o seu mercado.

Colectivo

E para todo isto podemos contar con todo un colectivo que nos avala e ao que pertencemos. Unha empresa soa non pode chegar ás necesidades de absolutamente todo o mundo. Unha colectividade achégase moito máis. Non somos parte dunha cadea, pero si somos parte unha colectividade de academias e freelancers establecida ao longo e ancho de Galicia, todos nós cunha idea común sobre o que facemos. Un forte sentido da vocación, adherencia férrea a un código ético no noso labor de ensino, as nosas condicións de traballo e contabilidade.