top of page

de Verán

Novidades

Ferrol · 4-12 anos
"The Time Machine"
"Earth and Sky"
Tui · 10-13 anos

O teu verán con YOU FIRST.

 

Unha vez máis, non hai clip-art nin fotos aquí. Así mesmo, tampouco hai anuncios nin publicidade na que aparezan os nosos alumnos. Só debuxos e deseños que ofrecen unha mirada rápida e dan unha idea do que os nosos campamentos de verán son.


Iogarounders (o primo inglés maior? do baseball americano), esgrima, croquet, plástica e música, baile, coñecemento do medio, xogos tradicionais, cociña e teatro: Onde está o inglés? Por todas partes, menos nunha tediosa ficha.


Dende 2006 confeccionamos un novidoso programa de idiomas a través de actividades de ocio como unha apetitosa alternativa ao clásico conxunto de clases tradicionais con ocio engadido. Sabemos que os nosos modestos experimentos tiveron impacto porque cada ano cada vez máis centros nos toman como modelo.

poem_01
poem_02
poem_03
poem_04
poem_05
poem_06
1231231
13567378_1068549943232881_7096825264267745165_n
13606511_1071370906284118_2599080223007043724_n
Pics12 221
3333

É aquí onde o noso talento máis se revela porque este tipo de actividade implica horas de preparación, un equipo con moitas enerxías, unha caixa de ferramentas sen fondo e quilos e quilos de creatividade. Reflectindo o esmero da programación, vese como os temas serven de fío organizador para os campamentos nos cales nenos de tres a 12 anos- Piratas, Exploradores e Aventureiros- poidan activar o seu inglés nun ambiente agradable. Para asegurar que se desenvolvan en condicións seguras contamos co asesoramento profesional dunha directora de actividades de tempo libre.

 

Temos celebrado os nosos propios campamentos, pero principalmente outras entidades contan connosco para as súas actividades.

  • Series:The Whole World, The Time Machine, The Five Senses,               Flora and Fauna,  All Around Me

  • A Universidade de Coruña, campus de Ferrol (2009-2015)

  • Club de Oficiais, o Montón (Campamento de verán 2013 y 2014)

  • Motus Tiempo Libre (Colaboramos con eles dende o 2010)

  • Concello de Neda y Concello de Valdoviño 2006   (Cuentacuentos interactivos en francés e inglés na biblioteca, 2006)

  • Actividades de verán dende a nosa propia academia: (2005)

bottom of page