top of page

A metodoloxía

 

A rutina que temos en  You First: a canción de benvida, unha primeira parte con xogos tradicionais nun espazo acondicionado a sesión de contacontos (ou conto-canción relacionado có tema) e os traballos de mesa (que pode ser un xogo ou unha manualidade).

 

Tamén facemos actividades de música ou coñecemento do medio. Toda esta actividade consolídase con rimas e interacción alumno-profesor para asegurar que a comunicación vaia máis alá das fichas e o vocabulario solto.

 

Adaptado ao ritmo

e idade de cada un

 

Non se pode insistir en que falen; falarán cando estean listos para producir oralmente e poderán participar con xestos, accións e mímica para mostrar a comprensión. Hai que respectar o seu ritmo.

 

Non todos os pequenos son "esponxas". Algúns si; outros son máis reticentes ou cautos. O noso traballo en You First é crear un ambiente no cal todos se sintan cómodos, felices e seguros.

Obxetivo a longo prazo

 

O noso traballo é facer que os nenos queiran volver a clase. Esa é a razón pola que non é só cuestión de ter profesores nativos senón que preferimos usar profesionais cun longo historial de éxitos en entreter os nenos e manter a estrutura e ritmo da clase. Tampouco queremos sufocar os nenos cun horario pesado. Non facemos falsas promesas de inmersión lingüística, iso sería imposible con este tipo de clases, mesmo se os alumnos viñesen máis a miúdo. Non obstante, en You First proporcionamos un primeiro contacto co inglés moi pracenteiro cunha excelente oportunidade para desenvolver o seu oído e aprender inglés nun contexto de idade axeitado.

 

Traballamos con frases enteiras con significado, non listas de palabras illadas e sen sentido. O programa é lúdico, pero hai unha planificación e unha seriedade detrás.Hai que moverse. Contamos cun espazo aberto para a sesión de xogos e contacontos.

 

O uso do inglés


Un dato máis: en xeral, utilizamos o inglés, pero hai momentos nos cales parece máis prudente utilizar os primeiros idiomas. Cos pequenos, se hai medo ou malestar, respondemos en castelán ou galego en momentos puntuais, ou intercalamos algunha palabra no seu idioma materno para ir retirándoo paulatinamente a medida que os medos e as reticencias desaparecen.

Contidos

 

Algúns pais senten que outras escolas son máis "serias"; os seus alumnos xa aprenderon o alfabeto en 1º de Primaria ou probablemente dominan unha lista longa de elementos de vocabulario. En primeiro lugar, non vemos a lóxica de aprender o alfabeto a esa idade. Normalmente non atopamos o alfabeto no programa da escola ata 3º de Primaria, cando empezan a escribir independentemente en inglés.

 

Ademais, aprenden longas listas de vocabulario fóra de contexto de forma rápida. Sen embargo esquécenas aínda mais rápido. O que conta ó final é saber como entenderse e como comunicarse en inglés; os elementos de vocabulario individuais son xusto unha parte dun gran paquete que inclúe xogos, cancións, rimas, rutinas e historias. O programa en You First baséase en temas, adaptados a tódolos nenos e cambia cada ano. De empregarmos unha metáfora, diríamos que se cociñamos a lume lento e con amor, sempre se producirán mellores resultados a longo prazo que se cociñasemos comida rápida.

exploradores gal

Consolidar unha etapa

 

O seu cerebro non está aínda preparado para a gramática abstracta, pero si poden consolidar frases enteiras. Practicámolas con contos, rutinas, xogos, rimas, obras de teatro e cancións.


En You First empezamos suavemente coa escritura para que poidan ver tendencias e a relación do escrito co falado. Evitamos fichas monótonas e utilizamos unha gran variedade de materiais.

 

Os horarios

 

Para non sufocar á familia co horario extraescolar, non insistimos en  que veñan dúas veces á semana. Non obstante, aínda que veñan  unha vez á semana durante hora e media, chegan a consolidar máis que cunha hora dúas veces á semana. 

 

Tratamos de activar a intelixencia dos nenos e espertar o seu interese con actividades a través das ciencias, a plástica,  a educación física e a música. Creamos novos e estimulantes contextos para o idioma.

Exames

 

De 4º de Primaria en adiante, os alumnos poden optar por presentarse aos exames do Trinity. Estes exames internacionalmente recoñecidos teñen forma dunha entrevista cun examinador que vén da Gran Bretaña.

 

Cando a fecha do exame vaise achegando, cambiamos a énfase das clases, non adicamos o ano enteiro ao exame. A nosa énfase céntrase na comunicación real, non pura memorización. Ademais, en You First nunca perdemos de vista a necesidade de manter divertidas as clases.

adventurers gal

Entender e perfeccionar 

 

Como xa temos algo de lóxica e a capacidade de reflexión, traballamos xa con frases enteiras dentro de contextos comunicativos e fixámonos máis na pronunciación e na precisión. En You First asegurámonos de que haxa máis coherencia entre o que lemos e o que dicimos. Pouco a pouco desenvolvemos un criterio propio para que poidan identificar os fallos que fan e ver as tendencias da fonética e a gramática en inglés. 

Ritmo

 

Ao principio, imos lentamente, ata chegar ao fondo. Intentamos utilizar actividades nas cales hai que activar o "coco" e pensar moito.


É normal que teñamos moitos "fallos parvos" mentres fan a transición entre aprender de memoria e aplicar a gramática. Estamos a colocar a linguaxe no seu sitio mentalmente e así, aí terémolo para poder ter unha comunicación inmediata dun modo natural no futuro.

Destrezas para a vida

 

Achegámonos xa a textos completos, traballando a destreza de preparar e dar presentacións orais.

Ao principio, facemos unha presentación sobre os nosos compañeiros. Pasamos a contrastar presentacións, unha boa con outra mal feita, e contemplar os seus compoñentes. Co exame Trinity en mente, facemos máis presentacións o último trimestre.


Ultimamente centrámonos en como se describen os obxectos pola súa forma, tamaño, función, material e compoñentes. É linguaxe moi útil para calquera campo e é o primeiro paso cara a un inglés máis académico que une todas as estruturas e vocabulario que van aprender no instituto. Na escola de You First pretendemos repasar estes campos con alegría e dinamismo para non perder o interese dos alumnos.

bottom of page