Somos formadores de formadores porque os nosos compañeiros de profesión recoñecen en nós dedicación e unha gran bagaxe e experiencia, ademais dunha gran riqueza e variedade de fontes para compartir e inspirar os nosos colegas. Así, catro membros do noso equipo son na actualidade formadores de formadores. Son estas entre outras, as razóns polas cales outros profesores e formadores acoden a nós:
-
Afianzar o seu inglés.
-
Conseguir acreditación do nivel B2 ou C1 para poder participar en programas de plurilingüismo.
-
Proporcionarlles adestramento específico como profesores.
-
Axuda específica en proxectos concretos e desenvolvemento individual do persoal.
-
Busca dun lector (language assistant) que traballe cóbado con cóbado co persoal para desenvolver programas específicos en ciencias, arte, música e, por suposto, en inglés como materia xeral.