Desde 1999 dedicámonos a traducións e moitos dos nosos clientes seguen connosco na actualidade.
A nosa especialidade son textos académicos desde enxeneria naval e industrial ata ciencias do traballo. Tamén traballamos con textos educativos e culturais e da industria alimentaria
Colaboramos estreitamente con tradutores titulados e experimentados porque en equipo pódense conseguir excelentes resultados. Así ofrecemos máis que unha tradución: podemos dar consellos sobre como facer un PowerPoint eficaz ou un texto de márketing atractivo
Podemos traballar en inglés, francés, polaco, holandés, alemán, galego e castelán.
Durante anos traballamos con restaurantes traducindo as súas cartas e menús a inglés (Campa da Braña, Racó de Andrea, entre outros), e fixemos traducións e outros traballos para empresas de cátering e do sector turístico (Colours of Spain, Salsas JR, As Pimenteiras, Productos de Aldea).
A comida e a cociña son a nosa paixón. Non se trata só de traducir un texto. Axudamos aos nosos clientes para entender a perspectiva e a cultura dos seus clientes no estranxeiro para que os seus produtos sexan máis atractivos e competitivos nos novos mercados.
Pódese ver un comentario sobre o traballo da directora de You First na súa páxina de LinkedIn
"Anita is excellent reviewing scientific documents written in English by non-native persons, and performing Spanish-English translations for scientific publications. Of course, she is also excellent as English teacher. She is diligent, hard-working and a very competent professional. She is also a pleasant person, maintaining excellent relationships with companions and clients."
- Dr. Alfredo del Caño, UDC