Cada neno ou nena,
un mundo.
Como ben saben os pais, cada neno ou nena é un mundo. Aínda que non podemos prometer un programa completamente individualizado, si ofrecemos variedade para poder chegar a todos e un profesorado capaz de saber que funciona mellor con cada grupo. Estamos metidos no mundo da formación de profesorado, e iso reflíctese no noso día a día.
En You First estar ao lado dos nenos en cada etapa do seu desenvolvemento na adquisición do inglés. Se ben incrementamos o desafío paulatinamente, nunca perdemos de vista a nosa obriga de motivalo e compracelo, chegando a un exame externo ou ao apoio escolar, se iso resulta conveniente.
Investimos moito na formación do profesorado e nos recursos para potenciar as capacidades de todos os alumnos. Así podemos estimular aos que buscan máis desafíos e chegar a outros que non teñen boas experiencias coa lingua ou que prefiren outro tipo de acercamento.
A maioría das academias son moi ríxidas cos horarios, coa clásica combinación de luns-mércores ou martes-xoves, dúas horas por semana. En You First adaptamos o programa de duas horas semanais e aínda ofrecemos a posibilidade de vir unha vez por semana, por una hora ou hora e meia.
Dispoñemos de, e recomendamos, un programa dunha hora para os máis pequenos. A medida que van crecendo, dunha hora e media para os que teñen o horario moi apertado e desexan condensar o esforzo. Dende terceiro de primaria pódese optar por dúas horas por semana se desexan complementar o inglés oral ben con apoio, Firm Base, ou co Club de Actividades, para reforzar a súa expresión oral a través do coñecemento do medio, a plástica e o teatro. Así reforzamos a lingua ofrecendo unha alternativa moi atractiva a clase do sempre.
A alternativa de unha vez por semana é ideal para os alumnos que están metidos no mundo dos deportes ou da música. Ademais axuda á loxística familiar:entréganse aos irmáns xuntos na mesma sesión para que poidan ir a clases distintas. As clases de hora e media son dinámicas e intensivas.
En You First nos percatamos que con estas clases podiamos conseguir os mesmos resultados en menos tempo, aínda que, á hora de preparar First Certificate, consideramos necesario vir dúas veces á semana.
O noso obxetivo e ter seis alumnos de Infantil ou 8 de Primaria por profesor. Se o grupo medra máis, entra outro profesor e dividimos o grupo en dous. Dende You First podemos asegurar que esta opción funciona moi ben. Nativo e non-nativo traballan xuntos e hai moita flexibilidade na organización do aula. Podemos preparar niveis distintos de Trinity ou chegar mellor aos alumnos mais tímidos. Ao final, o profesor pódese centrar en grupos de catro, cinco ou seis alumnos, todo un luxo.
Ti es o punto de partida
do horario
Tamaño das clases
Por etapa: