Maior madurez
Manter o interés
Medrar
Axuda específica


Nesta etapa queremos respectar as peticións dos pais e dos alumnos mesmos en canto ao equilibrio entre o lúdico e o tradicional.
Os profesores de You First intentan abranguer as necesidades e desexos de cada grupo e cada un ten o seu estilo de ensino. Facemos fincapé en que se pode pedir que haxa máis reforzo na clase ou que se presenten para un exame. Tamén os alumnos deben articular que estilo os favorece na súa aprendizaxe.
Buscamos temas e actividades que sexan interesantes e entrañables. Desenvolvemos destrezas como resumir un texto, desenvolver presentacions creativas e dinámicas ou fomentar estratexias para aprender vocabulario. O desafío que nos propoñemos en You First é buscar maneiras para que ata os máis reticentes falen; con este fin facemos xogos, obras de teatro, experimentos ou trucos de maxia. Corriximos a pronunciación e resolvemos dúbidas de gramática.
O vocabulario ten que ver coa música, os deportes, a cociña, as ciencias, a plástica, a actualidade e nós mesmos. Non obstante, nesta etapa facemos coma no refrán, ensinamoslles a pescar en vez de darlles o peixe. Teñen que saber aprender por eles mesmos e desenvolver estratexias.
En You First ofrecemos clases de apoio aos alumnos que preparan a selectividade, queren mellorar en bacharelato ou na ESO.
É importante saber aproveitar esta oportunidade e intentar participar e esforzarse para alcanzar o próximo nivel. Intentamos chegar a eles, pero eles tamén teñen que encontrarnos no medio da ponte. En moitos casos, un exame externo de Trinity ou
Cambridge pode ser motivador.
Por iso, pensamos que só se pode avanzar se deixan que o idioma entre nas súas vidas, aproveitando os campamentos, o contacto coa xente de fóra, moita lectura ou horas escoitando música ou programas en inglés.
Outro obxectivo é abrirlles o mundo con información sobre outras culturas e con material sacado da televisión estranxeira ou da prensa.







